O posible noveno planeta do sistema solar

Dous científicos do Instituto Caltech (EE.UU.), Konstantin Batygin e Mike Brown acharon evidencias da existencia dun novo planeta xigante no sistema solar.

Cunha masa 10 veces superior á da Terra e orbitando unhas 20 veces máis lonxe do Sol que o noso planeta, que lle levaría a demorarse entre 10.000 e 20.000 anos en dar unha volta completa ao redor da estrela, atópase un obxecto que ata agora pasábanos desapercibido; o que podería ser o novo planeta do sistema solar.

Con todo, este aínda non foi observado de forma directa, senón que foi identificado grazas a unha computadora de simulacións matemáticas e ao modelado a partir das órbitas tanto de planetas ananos como doutros obxectos extremos do noso sistema solar. De confirmarse, este convertiríase no noveno planeta do noso sistema.

-Fontes:

Muy interesante: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/descubren-el-posible-noveno-planeta-de-nuestro-sistema-solar-391453369766

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta