Os obesos que adelgazan teñen unha mortalidade máis alta

A esperanza de vida dun fumador é máis baixa que a dun non fumador do mesmo xeito que unha persoa obesa ten unha taxa de mortalidade máis alta que unha delgada. Para saber a esperanza de vida de alguén que non fuma, hai que ter en conta se nunca o fixo ou se o deixou. Un novo estudo asegura que coas persoas delgadas pasa igual: para coñecer o seu risco de mortalidade é necesario saber se sempre foron delgadas ou se algunha vez foron obesas e perderon peso.

As persoas que perden peso teñen unha taxa de mortalidade máis alta que as que manteñen o seu índice de masa corporal estable, aínda que sexa alto. Esta é a conclusión á que chegou un grupo de investigadores das universidades de Boston e Filadelfia (EE UU). Descubriron que as persoas que dixeron adelgazar tiñan unha taxa de mortalidade máis alta. Os investigadores atribúen isto á enfermidade: “O sobrepeso pode causar enfermidades graves que leven diminución de peso e, finalmente, a morte. Poden sufrir doenzas do corazón e pulmonares ou cancro”.

Na investigación, os autores non distinguiron entre a perda de peso voluntaria ou a que é consecuencia dalgunha doenza. Pero, tendo en conta as idades das persoas estudadas, decántanse pola segunda opción. ?As nosas análises en diabetes e enfermidades cardiovasculares sinalan que as persoas que adelgazan sofren máis ambas as doenzas que aqueles que se manteñen na categoría de obesos.

http://elpais.com/elpais/2016/01/07/ciencia/1452187383_008793.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta