Somos autocaníbales?

Si, o somos, pero a nivel microscópico. Cando teñen fame, as nosas células dixírense a si mesmas, así como aos virus e bacterias que as invaden.

Resúltanos estraño e degradable pensar no canibalismo cando falamos de persoas. Con todo, todos nós somos en certa medida autocaníbales, xa que as nosas células son capaces de dixerir os seus propios compoñentes cando dispoñen de poucos nutrientes.

As células humanas controlan o seu propio crecemento. Así, cando hai nutrientes suficientes no espazo extracelular, as nosas células activan certas vías que inducen a síntese de proteínas e, con esta, o crecemento celular; pola contra, se detectan niveis baixos de nutrientes activan un mecanismo chamado autofagia (ou autocanibalismo), a través do cal degradan compoñentes propios, que lles servirán como fonte de nutrientes.

Ademais, as nosas células empregan a vía de autofagia para responder á invasión por certos virus e bacterias. De feito, esta é unha das vías que utiliza o sistema inmune para combater infeccións.

 

-Fontes:

Muy interesante: http://www.muyinteresante.es/ciencia/preguntas-respuestas/somos-todos-autocanibales-371453133225

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta