As pegadas máis antigas dunha masacre prehistórica

Este suceso tivo lugar en Nataruk, a uns 30 kilómetros do lago Turkana (Kenia) no ano 2012 entre dous grupos de humanos.  Trátase duns restos atopados en Kenia cunha antigüidade de 10.000 anos.

O suceso tivo lugar hai uns 9.500 anos ou 10.500 anos, ao principio do período Holoceno, posterior á última Idade de Xeo. Trátase dunha masacre tremendamente sanguenta na que participaron mulleres, nenos e homes. Atopáronse restos de ata 27 individuos con pegadas de fracturas nas mans, nos xeonllos, nas costelas, feridas de frecha, golpes na cabeza, lanzas cravadas, mans atadas… Encontro entre cazadores que representarían as orixes da guerra tal e como a coñecemos. Conseguir xuntar ata 12 esqueletos completos e afirman que ningún dos 27 individuos atopados foi enterrado, senon que foron abandonados no mesmo lugar onde faleceron. Oito cadáveres pertencen a mulleres, outros oito a homes, cinco a nenos e o último pensan que pertence a un adolescente de entre 12 e 15 anos de idade. Dos cinco restantes non se puido especificar o seu sexo. Confirmaron que unha das mulleres falecidas estaba embarazada, xa que atoparon restos de ósos dun feto de entre 8 e 9 meses de xestación na súa cavidade abdominal.

 

masacre-sangrienta

http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/las-huellas-mas-antiguas-de-una-masacre-prehistorica-821453460175

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta