Os discos protoplanetarios son máis fríos do que se pensaba

O complexo nebuloso Rho Ophiuchi é a zona de formación de estrelas máis próxima ao Sistema Solar: atópase a 131 pársecs (390 anos luz) de nós, e nela detectáronse unhas 425 fontes de radiación infravermella, identificadas como estrelas e protoestrelas. Arredor destas protoestrelas orbitan nubes de grans de po que co tempo darán lugar a planetas. Estes graos miden entre 0,1 mm e 1 cm, e están formados por silicatos, metano, monóxido e dióxido de carbono, xeo, grafito…

Rho Ophiuchi.

Pero agora os astrónomos, facendo uso de novedosas técnicas e recompilando datos obtidos polo telescopio ALMA (Chile) e IRAM (Granada), foron capaces de medir a temperatura dos graos de po localizados arredor da estrela 2MASS J1681370-2431391, apodada “Platillo Voante” pola súa curiosa forma. Para isto, mediuse o resplandor das moléculas de CO da nube, e comparouse coa enerxía absorbida polo disco.

Radiotelescopio ALMA, no deserto de Atacama.

E cal foi a sorpresa ao comprobar que a temperatura do disco de formación é moito máis baixa do esperado: ata agora se creía que a temperatura nestas nubes era de entre 13 e 22 K (entre -260 e -251 ºC), tal e como recolle Wikipedia. Pero os resultados desta nova observación mostran unha temperatura de -266 ºC ou 7 K, pouco máis do cero absoluto. P0lo tanto, os modelos usados ata agora estaban errados, e as propiedades do po protoplanetario deben ser moi diferentes do que se cría.

“Platillo Volante”, imaxe en infravermello do Hubble.

Fonte: http://www.elmundo.es/ciencia/2016/02/03/56b1ce3946163f09418b464c.html

https://en.wikipedia.org/wiki/Rho_Ophiuchi_cloud_complex

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.