A Lúa xurdiu dun choque frontal coa Terra.

luna-tierra_0

Un estudo levado a cabo por un grupo de xeoquímicos da Universidade de California aportou novas evidencias de que a Lúa se formou debido a unha brusca colisión frontal entre unha xoven Terra e un planeta en cernes chamado Theia aproximadamente 1oo millóns de anos despóis da formación do noso planeta.

Para chegar a esta conclusión, os científicos analizaron varias rocas procedentes da Lúa (recollidas polas misións Apolo 12, 15 e 17) e seis rocas volcánicas do manto terrestre con obxecto de tratar de reconstruír este violento e vetusto impacto.

O feito de que as firmas químicas da Terra e as firmas químicas da Lúa sexan exactas apoia a hipótese da colisión frontal, xa que de non ser así, cada corpo celeste tería unha pegada dixital diferente, tal e como sucede con outros corpos planetarios.

Segundo os investigadores, “Theia mesturouse a fondo tanto na Terra e a Lúa, e uniformemente dispersouse entre elas. Isto explica por que non vemos unha firma diferente de Theia na lúa e na Terra”, aclara Young. De non ser por este choque, Theia probablemente se convertiría nun planeta de características similares á Terra.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/la-luna-surgio-de-un-choque-frontal-con-la-tierra-351454321940

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato. Garda o enlace permanente.