Descubren o maior sistema solar coñecido.

7112954-3x2-940x627_0

O planeta xigante 2MASS J2126-8140 parecía ser un corpo solitario que erraba libre polo universo, pero un equipo internacional de astrónomos acaba de descubrir que orbita ao redor dunha estrela da que o separan un billón de quilómetros, 7.000 veces máis distancia da que existe entre a Terra e o Sol. Estes datos converten ao dúo no sistema solar máis extenso que se atopou.

Para que te fagas unha idea do que dicimos, imos cuns poucos números: o planeta (que ten entre 11,6 e 15 veces a masa de Xúpiter) tarda case un millón de anos terrestres en completar a órbita ao redor do seu sol, e estímase que desde que existe faría ese percorrido nunhas 50 ocasións.

O astrónomo Simon Murphy, da Universidade Nacional Australiana e un dos autores do achado, cre que este planeta puido formarse noutro sistema ou en por si, para acabar sendo atrapado pola estrela, pero tamén especula que ambos os corpos puideron nacer “fai entre 10 e 45 millóns de anos, a partir dun filamento de gas que os puxo na mesma dirección”.

Segundo Murphy, o que fai tan interesante a este obxecto celeste é que se sitúa no límite entre os planetas e as estrelas marróns, polo que coñecer os segredos da súa orixe podería proporcionar información importante sobre a formación duns e outros.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/descubren-el-mayor-sistema-solar-conocido-341453792530

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta