Existe un universo espello onde o tempo se movería cara atrás?

universo-espejo_0

Dous equipos independentes de físicos estiveron examinando o fluxo do tempo no Universo, e propuxeron que fai aproximadamente uns 14 millóns de anos, o Big Bang podería dar lugar a un universo espello inverso, onde o tempo se movería na dirección oposta: no canto de ir cara a adiante, moveríase cara atrás.

De feito, se o tempo fluíse ao revés, ningunha das leis fundamentais da física se vería afectada e as ecuacións que mellor definen o noso universo (a lei da Gravitación Universal de Newton, a Teoría da Relatividade de Einstein, a electrodinámica de Maxwell, a mecánica cuántica) funcionan perfectamente tanto se o tempo flúe cara a adiante como cara atrás.

Dous equipos de físicos chegaron así a resultados similares utilizando un modelo de partículas diferentes. O primeiro descubríu que, grazas á gravidade, as partículas podían expandirse en varias direccións, polo que tamén o tempo podía moverse en ambas direccións, nun universo onde a posibilidade de fluír cara a adiante ou cara atrás no tempo era igualmente aceptable.

O segundo concibíu unha nube fina de partículas e dispuxoa nun teórico universo infinito. Ao facelo, xurdiron de forma espontánea dúas frechas temporais diferentes: unha cara a adiante e a outra, tras permanecer apiñada no centro da nube, xusto na dirección contraria, como dúas puntas na frecha do tempo.

Desta maneira, se unha frecha do tempo xorde nunha dirección, o mesmo sucederá na dirección oposta, con independencia do seu punto de partida. Segundo os investigadores, este modelo revela que todas as partículas móvense cara a fóra, que a entropía crece sen límite e que o “tempo cero” sería o punto de entropía máis baixo.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/existe-un-universo-espejo-donde-el-tiempo-se-mueve-hacia-atras-491453803434

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta