Os ciclistas con casco asumen máis riscos

Os doutores do departamento de Psicoloxía da Universidade inglesa de Bath Tim Gamble e Ian Walker son os creadores dun estudo sobre a percepción do perigo. Para o experimento usaron a 80 adultos de idades comprendidas entre 17 e 56 anos, cuxas sensacións e percepción de conduta mediron nunha simulación de computador.

A 39 deles colocáronlles un casco de ciclista que levaba o aparello encargado de realizar esta suposta análise do movemento ocular, mentres que aos outros 41 puxéronlles unha gorra como as de béisbol. Ciclista casco

Os voluntarios sentados tiñan á súa disposición un botón nunha mesa que podían accionar e que insuflaba aire nun globo. As instrucións que recibiron foron que gañaría aquel que fose capaz de dar un maior número de veces ao botón e parar xusto antes de que o globo estoupase.

Os resultados do experimento mostraron que os suxeitos que levaban o casco, de forma inconsciente asumían máis riscos e apertaban máis veces o botón, mentres que os que levaban gorra comportáronse de forma máis prudente e deixaban de pulsar o botón moito antes. Segundo este estudo os elementos de protección en xeral fannos asumir máis riscos e ademais estimulan a procura de sensacións

fonte:

http://www.ciclosfera.com/los-ciclistas-que-llevan-casco-asumen-mas-riesgos/

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.