Os nenos usan ferramentas igual que un chimpancé

Os nenos pequenos poden inventar espontaneamente usos para as ferramentas co obxectivo de resolver novos problemas, sen a axuda dos adultos, dunha forma moi parecida a como o fan os grandes simios non humanos. O achado, levado a cabo pola Universidade de Birmingham, é contrario á crenza tradicional de que o uso básico de ferramentas por parte dos seres humanos require unha aprendizaxe social.

O equipo descubriu que en 11 das 12 probas, os nenos inventaron tarefas de forma espontánea nas que usaban as ferramentas de forma correcta. De igual forma, atoparon que aqueles comportamentos que se producen con frecuencia en grandes simios salvaxes tamén foron inventados con máis frecuencia polos nenos, o que indica un gran solapamento nas habilidades cognitivas físicas dos seres humanos e os grandes simios.

Nunha das doce tarefas, os nenos necesitan usar un pau como panca para recuperar pompons dunha pequena caixa. Do mesmo xeito, os grandes simios usan poliñas para eliminar os grans das noces ou as sementes das froitas. As tarefas só se poden resolver mediante o uso dunha ferramenta, pero aos nenos non se lles dixo iso. Con todo, os pequenos empregárona, e fixérono ben.

http://www.abc.es/ciencia/abci-ninos-usan-herramientas-igual-chimpance-201602241214_noticia.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.