Unha conexión a Internet 100 veces máis rápida que o Wi-Fi

Una conexión a Internet 100 veces más rápida que el WiFi

Un refrixerador que advirta da data de caducidade dos alimentos ou un cepillo de dentes que denote calqueira pequena carie e pida automáticamente unha cita no dentista. Calcúlase que en 2023 existirán 22 millóns de  dispositivos conectados a rede que revolucionarán a relación entre os obxetos e as personas. O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) chamouno o “internet das cousas”.

O científico Harold Haas descubriu en 2011 que a luz dun único LED (diodo emisor de luz) era capaz de transmitir máis datos que unha antea de telefonía. As probas no laboratorio lograron unha velocidade de transferencia de ficheiros de ata 224 xigas por segundo. Isto supoñería descargar nun chasquido 18 películas.  O avance de conexións por luz direta (tamén coñecida como Li-Fi) é soamente o antecedente dunha revolución moi próxima.

A principal diferenza co Wi-Fi é que, sendo as dúas ondas electromagnéticas para transportar os datos, a Li-Fi faino a través da luz visible e non por microondas. Supérase así o problema da saturación que diminúe a velocidade das actuais conexións.

Aínda non está comercializado, pero xa hai empresas que teñen previsto poñer no mercado solucións baseadas nesta tecnoloxía.

Funciona con só instalar un modulador que fai que a luz se encenda e apague millóns de veces por segundo. O parpadeo é inapreciable para o ollo humano, pero non para uns fotodiodos colocados nos teléfonos móviles ou ordenadores que se farán cargo de recoller  cambios de  luz e interpretalos para convertilos en información. Desta forma, toda rede de iluminación dunha vivenda convertiríase nun gran “router´´ con diversos puntos de conexión.

WEB: http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2015/12/22/actualidad/1450804305_172717.html

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta