Xúpiter habería expulsado un planeta xigante do sistema solar.

jupiter-expulsa_0

Coma se dunha partida de xadrez cósmica se tratase, un equipo de astrofísicos da Universidade de Toronto (EE.UU.) descubriu que un encontro próximo co planeta Xúpiter fai uns 4.000 millóns anos puido dar lugar á expulsión doutro planeta xigante (o quinto) do noso sistema solar. O estudo foi publicado na revista The Astrophysical Journal.

Durante anos os científicos teorizaron acerca da existencia deste quinto planeta xigante xunto a Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, que podería ser expulsado por Saturno ou por Xúpiter como resultado dun encontro planetario no que un deles queda liberado da atracción gravitatoria da súa estrela. Agora, novas probas apuntan a que foi Xúpiter o responsable deste evento.

Para chegar a esta conclusión os astrofísicos estudaron as lúas destes dous xigantes gasosos. Os resultados revelaron que Xúpiter foi capaz de expulsar o quinto planeta xigante, mantendo unha lúa coa órbita de Calisto.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/jupiter-habria-expulsado-un-planeta-gigante-del-sistema-solar-111446199673

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta