A vida das cataratas de Iguazú, en perigo

Este é o salto de auga máis grande do mundo, que cae dende unha altura de 80 metros e solta unha mole hídrica de máis de 1.500 metros cúbicos por segundo. Existen numerosos indicios que alertan que as cataratas de Iguazú están en risco. O cambio climático e outras ameazas roldan o seu espectacular ecosistema.

Hai preto de 2.000 especies de plantas en Iguazú. Varias delas endémicas e todas elas dan vida á chamada “Selva Misioneira”.Unhas 200 especies de aves viven nos arredores de Iguazú. O cambio climático podería afectalas.

Os cursos de auga veciños ás cataratas foron modificados pola construción de encoros. Iso altera o ciclo hidrolóxico e a vida dos peixes.

Tapir nadando na conca do Iguazú. Está ameazado pola continua fragmentación da selva e pola continua alteración do réxime hídrico. O cambio climático e as represas fixeron que a Unesco afirme que é un Patrimonio da Humanidade en perigo.

Existen neste ecosistema polo menos 80 especies de mamíferos e máis de 400 de aves.O jaguar, chamado acá yaguareté, é outra especie en perigo. O avance da poboación humana vaille quitando espazo e reduce a súa oferta de comida no medio dos bosques.

 

http://elpais.com/elpais/2016/03/21/album/1458591950_959903.html#1458591950_959903_1458593141

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.