Lobos, un auténtico luxo

A ignorancia provocou grandes desequilibrios nos ecosistemas ibéricos, e ademais sáenos moi cara. Repoboaronse amplísimas extensións con piñeiros e eucaliptos ou deixaronse de pastorear enormes superficies que logo arden cada ano. Outro tanto pasou cos linces. Cualificóuselles de “alimañas” e permitiuse a seu caza; agora cada lince que logramos reproducir cústanos cifras astronómicas. Co oso pasou igual, pero hoxe xa ninguén se atreve a cazar un, e se o fai vai ao cárcere. Con todo, séguense cazando lobos. Chegados a un nivel na Administración xa non se pode falar de ignorancia. A perda de grandes carnívoros dana os ecosistemas; eles controlan xabarís e corzos sen custo e con moito criterio. Os gandeiros e cazadores responsables e intelixentes prefiren que haxa lobos a que non os haxa. Ter lobos é un auténtico luxo. Igual que linces e osos. A Administración e a sociedade deben activar a intelixencia colectiva para conservalos.

http://elpais.com/elpais/2016/03/18/opinion/1458315864_323462.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta