O Triángulo das Bermudas

Esta zona está situada na parte noroccidental do océano Atlántico, entre as illas Bermudas, Porto Rico e a cidade estadounidense de Miami. Ao unir estes tres puntos cunha liña imaxinaria fórmase un triángulo cunha superficie de máis dun millón de quilómetros. A fama mundial do Triángulo das Bermudas débese a unha serie de misteriosas desaparicións de buques comerciais e de avións que non deixaron rastro. En total, a rexión das Bermudas rexistrou máis de 200 incidentes, entre eles famosos casos de desaparición total.

  Os sultáns do magufismo, termo empregado na rede para designar aos defensores de teorías baseadas na acción de fenómenos paranormais, especialmente a maxia e os ovnis,ven como a ciencia desmonta unha a unha, inexorablemente, as súas curiosas cosmoloxías. Se da acción de seres extraterrestres trátase, inmediatamente vén á nosa memoria o famoso Triángulo das Bermudas.
Algúns escritores e xornalistas apresuráronse a tachar estes sucesos como misteriosos, dando orixe ao mito.
Foi en 1974 cando o escritor Charles Berlitz, nunha obra infestada de imprecisións, converteu o misterioso triángulo na lenda coñecida en todo o mundo; un filón que enchería as salas de cine durante máis dunha década con títulos como “O triángulo diabólico das Bermudas´´.
Tras o estudo dos fondos mariños, un grupo de científicos chegou recentemente á conclusión de que o gas metano pode estar detrás das desaparicións producidas na zona. A alta actividade volcánica orixinaría burbullas deste gas que, ao ascender á superficie, incrementarían exponencialmente o seu tamaño poñendo en serio perigo ás embarcacións e mesmo ás aeronaves que sobrevoan a zona, cuxos instrumentos se tornarían imprecisos ante o repentino cambio na densidade do aire. Trátase dunha zona con fortes ventos e propensa a huracáns e olas xigantes. Estas explicacións podería poñer fin a varias décadas de especulacións.

            



Enlaces: https://es.wikipedia.org/wiki/Tri%C3%A1ngulo_de_las_Bermudas

http://www.abc.es/20100810/medios-redes/misterio-triangulo-bermudas-201008091854.html

http://es.gizmodo.com/la-verdad-sobre-el-triangulo-de-las-bermudas-1508046204

https://actualidad.rt.com/actualidad/188981-expertos-suceder-triangulo-bermudas

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta