A gran extinción da vida na Terra

Fai 250 millóns de anos “algo” descoñecido aniquilou a maioría da vida na Terra. Deixou pouquísimas pistas sobre a súa identidade e calquera proba quedou enterrada baixo capas e capas de terra.

Esta catástrofe é coñecida como a gran extinción do Pérmico-Triásico. Nesta, desapareceron o 95% das especies mariñas e o 70% dos vertebrados terrestres.

Presentáronse moitas hipóteses, como a dun intenso vulcanismo, unha supernova próxima, cambios ambientais debido á formación dun supercontinente e, como non, a colisión dun asteroide de entre 6 a 12 quilómetros de ancho. Unha posible proba que apoia esta hipótese é que en rocas de Hungría, Xapón e China atopouse atrapadas no interior desas rocas unhas moléculas chamadas fulerenos, ademais de trazas de helio e argón: sustancias máis fáciles de atopar no espazo que no noso planeta.
Doutra banda, hai científicos que non cren que unha catástrofe dunha magnitude tal, que fora capaz de case eliminar a vida na Terra, responda a unha única causa, senón a varias. Con todo, hoxe en día as causas deste suceso seguen sendo un enigma.

Fontes: 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta