Cada ano prodúcense no mundo 56 millóns de toneladas de PET, un tipo de plástico usado masivamente para envasar augas minerais, refrescos, aceites ou produtos farmacéuticos. A súa mala xestión convírteos nun perigo medioambiental, pois tardan anos en degradarse. Por iso é unha boísima noticia que un equipo de investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Kioto (Xapón) haxa detectado unha nova bacteria, a “Ideonella Sakaiensis“, que se fixa a este plástico e extrae del o carbono que necesita para poder vivir. Os expertos calcularon que a dita bacteria lle costa seis semanas degradar unha lámina de plástico a 30 grados.
https://es.wikipedia.org/wiki/Ideonella_sakaiensis
http://elpais.com/elpais/2016/03/10/ciencia/1457625716_263331.html