Moitos científicos fixeron as maletas fuxindo de contractos eventuales, traballos mal pagados e empurrados polos recortes das becas. Os datos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, sosteñen que en so unha década duplicouse o número de españois con alta calificación que emigraron cara os Estados Unidos e Reino Unido. Para o presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas, a fuga de cerebros non é so un mito urbano. O biólogo madrileño Ciro Cabal é un bo exemplo das dificultades cas que se atopan a diario os científicos. Ten 33 anos, e os últimos cinco logrou con dificultades traballar no seu campo, e sempre sen contrato. Pola contra, decidiu probar sorte fora de España e en pouco tempo xa recibiu as invitacións de dúas universidades en Estados Unidos.
A fuga de cerebros é un mal negocio para calquera país. O sistema educativo español inviste moitos cartos na formación de investigadores que, por falta de oportunidades, marchan do noso país e revertirán noutro. Moitos doutores, graduados e becarios emprenderon o camiño do exilio en busca de mellores condicións laborais, e a volta ao seu país parecelles so un mero espexismo.
Fonte:http://elpais.com/elpais/2016/04/04/opinion/1459794502_412058.html