O sitio perfecto para buscar vida en Marte

Se queremos atopar vida en Marte Argyre Planitia é o mellor sitio para facelo. Esta chaira está situada no hemisferio sur do planeta.  Moitos científicos tratan de descubrir os mellores sitios para buscar vida en Marte para marcalos coma novos obxetivos en futuras misión. A chaira dispón de todos os ingredientes necesarios para a vida. Se en algún momento a vida apareceu en Marte é moi probable que o fixera aquí, afirma Alberto Fairén, astrobiólogo da Universidade de Cornell.

No pasado, Marte tiña unha atmósfera que protexía a superficie da radiación. Isto e a gran cantidade de auga que posuía, son dúas características para que o planeta poidera ser habitable. Fai uns 4000 millóns de anos, unha gran roca espacial chocou con Marte e formouse a chaira de Argyre, que en aquel momento contiña moita auga alimentada por varios ríos.  Este impacto provocou actividade hidrotermal ao redor da chaira. Puido ser eso a mecha que prendera a vida no planeta.

http://www.abc.es/ciencia/abci-este-mejor-sitio-para-buscar-vida-marte-201604041101_noticia.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.