Podemos ver desde a Terra as bandeiras americanas na lúa?

Lamentamos moito estragarche a ilusión, pero vas quedar coas ganas. Non existe ningún instrumento óptico coa capacidade de captar un obxecto tan pequeno e tan afastado da Terra, que se atopa a unha distancia media de 382.500 quilómetros do seu satélite.

As bandeiras estadounidenses plantadas na superficie lunar nas distintas misións do Programa Apolo teñen uns 125 centímetros de longo. Aprecialas desde aquí requiriría un telescopio duns 200 metros de diámetro. Para que te fagas unha idea do que iso supón, abonda con que saibas que o Gran Telescopio Canarias, un dos observatorios ópticos de maior tamaño no mundo, posúe un espello primario de só 10,4 metros.

bandera luna

Se sabemos que as bandeiras continúan onde as deixaron é grazas a misións como a da sonda Lunar Reconnaissance Orbiter, lanzada pola NASA en 2009 para explorar o satélite, especialmente os seus polos.

Esta nave fotografou os lugares de aluaxe das misións Apolo, e demostrou así que case todas as insignias estadounidenses seguen no seu sitio, a pesar da radiación e as bajísimas temperaturas. Só parece haber unha excepción: as imaxes non confirmaron que se manteña a bandeira levada alí pola Apolo 11 na primeira expedición tripulada á superficie da Lúa.

Fontes:

Muy Interesante

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta