Como afecta a cafeína ao noso corpo?

A explicación habitual é que a cafeína diminúe o sono polo bloqueo do receptor de adenosina, pero que significa isto? Todo o tempo que estamos espertos as neuronas do noso cerebro están a producir esta sustancia, que actúa en diversos procesos bioquímicos e ten tamén efectos sedantes e inhibitorios sobre a actividade neuronal. O noso sistema nervioso está a monitorizar constantemente os niveis de adenosina mediante diversos receptores e cando alcanzan un certo punto, o normal é que comecemos a sentir sono ou ganas de descansar.

Polo tanto a cafeína, que se encontra de forma natural en moitos productos, actúa como suplantador da adenosina acoplándose a estes receptores. Sen embargo, no lugar de activalos, solo os bloquea. Con estes receptores bloqueados, outras substancias como a dopamina e o glutamato poden facer o seu traballo de maneira máis libre e provocan ese efecto temporal de restauración do nivel de alerta.

FONTE:

http://naukas.com/2010/07/15/lo-que-la-cafeina-le-hace-a-tu-cerebro/

-Imaxe de Google

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta