Atopan máis de 1000 novos planetas e 9 deles poderían albergar vida

1000planetas_0

A NASA deu un salto cara a adiante na procura de vida noutros planetas tras o maior achado xamais realizado pola axencia espacial estadounidense. O telescopio espacial Kepler posibilitou a identificación de 1.284 novos planetas fora do sistema solar.

A NASA informa que dos máis de 1.000 planetas novos, 550 deles poderían ser rochosos, como a Terra e 9 deles orbitan en zonas habitables das súas respectivas estrelas (non están nin demasiado preto (excesivamente quentes) nin demasiado lonxe (excesivamente fríos), polo que poderían albergar vida.

Con estes 9 planetas, o número de candidatos a mundos habitables localizados grazas ao frutífero Kepler, ascende a 21. A partir de 2018, Kepler xubilarase e será substituído polo telescopio James Webb (de maior alcance e que estará situado máis lonxe da Terra) que contará coa axuda dun instrumento moito máis avanzado: o Transiting Exoplanet Survey Satellite.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/descubren-mas-de-1-000-nuevos-planetas-y-9-de-ellos-podrian-albergar-vida-201462957727

Esta entrada foi publicada en CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta