Descúbrense novas partículas

caponata

Os neutrinos son as partículas máis rápidas, máis lixeiras e por iso máis esquivas da natureza. Se engadimos que son moi enerxéticas o seu variado e apaixonante perfil complícase.

O experimento IceCube detectou o 4 de decembro de 2012 desde a Antártida unha destas esquivas partículas cunha enerxía de 2 petaelectronvoltios -2.000 billóns de electronvoltios-, o neutrino máis enerxético coñecido, sen dúbida.

Agora, un equipo internacional de astrofísicos revelou que aquel neutrino cósmicobautizado co nome dun personaxe de Barrio Sésamo, Caponata , procedía dunha fonte enerxética da galaxia PKS B1424?418 cunha probabilidade do 95%, un blázar, unha colosal explosión en radiofrecuencia e raios gamma asociado a un buraco negro situada nesta afastada galaxia. Estamos así ante unha nova era da astronomía: a astronomía de neutrinos.

fonte:http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/descubren-el-origen-del-neutrino-caponata-111463042946

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.