Cal é o parque natural máis ameazado do mundo?

glaciar_0

O Parque Nacional dos Glaciares encabeza esta clasificación. Esta reserva natural, situada ao suroeste da provincia de Santa Cruz, na Patagonia arxentina, alberga o maior campo de xeo do mundo fóra das zonas polares e Groenlandia. A maioría dos seus 47 glaciares estánse derritindo pola subida de temperaturas, co consecuente impacto sobre os ecosistemas da zona. Tamén inflúen a introdución de especies domésticas (vacas, cabras, gatos, cabalos…) e a invasión humana, tanto por parte de turistas como de gandeiros que se asentan na zona.

                    23630811-80-470x314  Las-cambiantes-aguas-del-mar-de-Frisia

A segunda zona protexida máis ameazada é o Mar de Frisia, situado entre as illas Frisias e o mar do Norte, por unha banda, e as costas de Holanda, Alemaña e Dinamarca pola outra. Trátase dun dos grandes ecosistemas de zona intermareal do planeta, e da maior extensión de fangales e bancos de area. Coñécese como zona intermareal ao litoral onde se dá a maior variación entre os niveis de pleamar e bajamar. As augas pouco profundas e a amplitude das mareas deixan ao descuberto extensas planicies arenosas que poden reco­rrerse a pé. É unha área cambiante con moitos hábitats de transición: canles de marea, estuarios, bancos de area, marismas salobres, chairas e praias. Neles viven numerosas plantas e animais. Pero a acción humana alterou a liña de costa, e a subida do nivel do mar polo quecemento provocou a inundación de marismas e bancos de area.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/naturaleza/preguntas-respuestas/cual-es-el-parque-natural-mas-amenazado-del-mundo-541463641401

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.