O misterioso efecto Mpemba

hielo

 

Dispós de dous cubiteras: nunha delas vertes auga a 95º C e na outra auga a 50º. Agora mételas no conxelador ao mesmo tempo. Cal das dúas converterase en xeo antes?

Se te guías polo teu sentido común, errarás. Nin se conxelarán á vez nin o fará primeiro a de 50ºC; a primeira en conxelarse será a máis quente. Este é o denominado efecto Mpemba, que se produce grazas ao superenfriamiento: ás veces a auga non solidifica a 0ºC e mantense líquida mesmo a -20ºC. Nestas estrañas condicións, cando se produce a conxelación producese a unha velocidade moito maior que a normal.

A auga quente é máis proclive a superenfriarse por un curioso motivo: canto máis quente está, menos burbullas de gas contén. E que ten que ver isto coa conxelación? Pois que as burbullas de gas favorecen a que a auga empece a orientarse e  a formar a estrutura cristalina do xeo, de tal xeito que cantas menos  burbullas de gas  teña a auga, máis fácil é que se manteña líquida por de baixo do punto de conxelación.

-Fontes: Muy interesante

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta