O oceáno dunha lúa de Xupiter, posible cuna para a vida

Europa, unha das lúas de Xúpiter, é coñecida dende hai anos por ser potencialmente habitable. Agora, un novo estudo da NASA suxire que no seu océano podería darse equilibrio  de enerxía química necesario para a existencia de vida. Crese que Europa ten nas súas profundidades, por baixo da súa superficie xeada, un océano de auga líquida salgada. Investigadores do Jet Propulsion Laboratory (JPL) da NASA, en California (EUA), compararon o potencial da lúa para producir hidróxeno e osíxeno dun xeito semellante como acontece na Terra. Estes dous elementos químicos son un indicador clave de enerxía dispoñible para dirixir a vida. Como na Terra, en Europa, a produción de osíxeno é 10 veces maior que hidróxeno. O seguinte paso será o estudo de outros elementos necesarios para a vida(carbono, nitróxeno, xofre…).Na década de 2020, a NASA enviara unha nave espacial resistente á radiación para estudar esta lúa xeada de Xúpiter.

http://www.elmundo.es/ciencia/2016/05/25/57456c17268e3e0a4e8b45e3.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta