Vos envio un grupo de cuestións para que resolvades e que formasen parte das posibles preguntas do exame escrito.
A data limite para enviar ditas cuestións ao correo “efmmiguel@gmail.com” é o dia 25 de outubro de 2016.
Vos envio un grupo de cuestións para que resolvades e que formasen parte das posibles preguntas do exame escrito.
A data limite para enviar ditas cuestións ao correo “efmmiguel@gmail.com” é o dia 25 de outubro de 2016.
Abrir os enlaces onde teneis a data de presentación do traballo do trimestre de cada alumno@ sobre “cambio climático” ou ” RSU “. Comunícovos tamén que as datas do exame escrito do trimestre seran as seguintes:
|
Empezamos a traballar a materia con relación o tema : “Tecnoloxia, recursos e medio ambiente”.Abride” ENERXIAS E CONTAMINACIÓN” e responder as cuestións.(enviar as solucións o seguinte correo: efmmiguel@gmail.com). A parte de estas cuestións tedes que presentar un post sobre o tema “recursos naturais“. Aqueles alumnos que queiran enviar voluntariamente un post referido a calquer apartado do tema poden facelo.
Data limite de entrega o 17 de outubro de 2016
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN
1.-Presentación oral-exposición en diapositivas power point- traballo individual, máximo de diapositivas 25, e a entrega do mesmo en word, letra times new roma/ tamaño de letra 12 e un número máximo de folios por unha cara de 10. ( 4 puntos)
2.-Actividades propostas polo profesor e baseadas no temario da asignatura, que deberán resolver os alumnos/as utilizando os recursos TIC e o Blog de Climántica e que se resolverán exclusivamente durante a hora de clase (1 punto).
3.- Examen escrito trimestral ( 3 puntos).
4.-Actitude e comportamento, presentacións de traballos e outras consideracións (2 puntos).
Fontes de información: Youtube
O Parque Nacional dos Glaciares encabeza esta clasificación. Esta reserva natural, situada ao suroeste da provincia de Santa Cruz, na Patagonia arxentina, alberga o maior campo de xeo do mundo fóra das zonas polares e Groenlandia. A maioría dos seus 47 glaciares estánse derritindo pola subida de temperaturas, co consecuente impacto sobre os ecosistemas da zona. Tamén inflúen a introdución de especies domésticas (vacas, cabras, gatos, cabalos…) e a invasión humana, tanto por parte de turistas como de gandeiros que se asentan na zona.
A segunda zona protexida máis ameazada é o Mar de Frisia, situado entre as illas Frisias e o mar do Norte, por unha banda, e as costas de Holanda, Alemaña e Dinamarca pola outra. Trátase dun dos grandes ecosistemas de zona intermareal do planeta, e da maior extensión de fangales e bancos de area. Coñécese como zona intermareal ao litoral onde se dá a maior variación entre os niveis de pleamar e bajamar. As augas pouco profundas e a amplitude das mareas deixan ao descuberto extensas planicies arenosas que poden recorrerse a pé. É unha área cambiante con moitos hábitats de transición: canles de marea, estuarios, bancos de area, marismas salobres, chairas e praias. Neles viven numerosas plantas e animais. Pero a acción humana alterou a liña de costa, e a subida do nivel do mar polo quecemento provocou a inundación de marismas e bancos de area.
Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/naturaleza/preguntas-respuestas/cual-es-el-parque-natural-mas-amenazado-del-mundo-541463641401
Europa, unha das lúas de Xúpiter, é coñecida dende hai anos por ser potencialmente habitable. Agora, un novo estudo da NASA suxire que no seu océano podería darse equilibrio de enerxía química necesario para a existencia de vida. Crese que Europa ten nas súas profundidades, por baixo da súa superficie xeada, un océano de auga líquida salgada. Investigadores do Jet Propulsion Laboratory (JPL) da NASA, en California (EUA), compararon o potencial da lúa para producir hidróxeno e osíxeno dun xeito semellante como acontece na Terra. Estes dous elementos químicos son un indicador clave de enerxía dispoñible para dirixir a vida. Como na Terra, en Europa, a produción de osíxeno é 10 veces maior que hidróxeno. O seguinte paso será o estudo de outros elementos necesarios para a vida(carbono, nitróxeno, xofre…).Na década de 2020, a NASA enviara unha nave espacial resistente á radiación para estudar esta lúa xeada de Xúpiter.
http://www.elmundo.es/ciencia/2016/05/25/57456c17268e3e0a4e8b45e3.html
Hoxe en día numerosas especies se atopan en perigo de extinción , a maioría delas debido a acción directa ou indirecta do home: cambio climático, destrución do seu hábitat, caza furtiva…
Estes son algúns exemplos de especies animais que se atopan en perigo:
Rinoceronte de Java
Moitas asociacións como Greenpeace intentan concienciar a xente de que estas especies pódense extinguir en cuestión de anos, pero aínda así actividades coma a caza furtiva son moi complexas de controlar.
Fonte: http://www.sostenibilidad.com/top-10-animales-en-peligro-de-extincion#1
Os nanocatalizadores son partes da substancia que incrementan a velocidade dunha reacción química compostas por nanopartículas. En México, estanse a desenrolar nanocatalizadores económicos para que sexa posible a xeración de enerxía en sistemas alternativos de baixo impacto ambiental empleando sistemas electroquímicos.
O principal material que se usa para este tipo de aplicacións é o platino, material moi caro, ese é o motivo principal desta idea, reducir o seu coste xa que o uso destes e fundamental para xerar enerxía eléctrica. Segundo información técnica deste proxecto xa lograron obter aleacións que conteñen rutenio(Ru), estaño(Sn) ou molibdeno(Mo), materiais que teñen unha alta actividade catalítica.
http://noticiasdelaciencia.com/not/19646/nanocatalizadores-para-energias-limpias/